O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

O Doa a doa da desigualdade, este sábado na TVG

en Doa a doa el 05-02-2010

Este sábado ás 21.15 hrs. “Falar da feira”. Os nosos devanceiros abordan as diferencias de clase, a riqueza e a pobreza.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Sabido é que cadaquén fala da feira segundo lle foi nela. E na feira das nosas vidas, no doa a doa de cadaquén, houbo moitas diferenzas. Diferenzas e desigualdades que nin Deus mandou nin a

pobrezanatureza impón: son o resultado máis perverso das relacións que os homes e mulleres decidimos establecer para organiza-la nosa vida colectiva. Desas desigualdades só poden nace-lo sufrimento e a violencia entre xentes que, no fondo do seu corazón, só pretenden amar e ser amadas, para poderen falar ben desta gran feira que é a vida.
Neste doa a doa da desigualdade, os nosos maiores tratan a riqueza e a pobreza de hai medio século. Santiago Losada explica que “a pobreza daquela era máis desprendida, a xente pasaba necesidade, pero non reparaba tanto en eso de se o pantalón é vello ou si o pantalón está sucio. Xa non se paraba a pensar eso, que era o poder subsistir cada día, o levar algo que comer á boca”. Daquela os cartos custaba acadalos, e segundo Ramona Piñeiro “o rico vivía dos animais dos terreos, íanlle traballar os pobres gratis na máis que pola comida”.

O “Doa a doa” dos animais, este sábado na TVG

en Doa a doa el 22-01-2010

·        Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada
·        Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época

·        Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada

·        Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. “Bágoas e gargalladas” aborda o tema dos animais, como fonte de alimentación, de axuda, de compaña; animais que sémpre tiveron un lugar especial nas casas galegas. campo
Os nosos avós fálannos de porcos, ovellas, vacas, galiñas, cabras, cochos,… O veterinario, Veremundo Riesco, explica cales eran os atributos da vaca galega: “ademais de producir carne, cando a mataban e os vitelos que producian os terneiños; a mais de producir leite, muxíase tamen avaca, duas veces o dia; ademais producia traballo. E ademáis pasaba fame”, “non eran esas vacas de leite que hai agora”, lembra Dorinda Vázquez.
Mariano Lema explica a importancia do porco para soster a economía familiar: “tódalas casas tiñan que ter un porco, ó chegar as Navidades matar un porco para ter carne salgada para todo o ano.” As distintas utilidades das bestas para transportar persoas e mercancías e coma forza produtiva, tamén é referido neste doa a doa dos animais. Ademáis, historias e rarezas de distintas criaturas, porán o toque de humor a este capítulo.

“Doa a doa” pon o broche de ouro á súa quinta tempada

en Doa a doa el 23-12-2009

principios de sigloO programa Doa a Doa, realizado por IBISAtv para TVG, remata a emisión da súa quint tempada en antena con “O tesouro da lingua”. Con máis dedouscentos entrevistados, oitenta programas producidos, e unha audiencia do 16%, o programa consolida a súa presencia na grella da TVG, converténdose xa nun clásico das noites dos domingos.

Doa a Doa voltará en xaneiro, co estreo da súa sexta tempada en antena. Novas historias dos avós e avoas de Galicia, e outros temas, algúns dos cales están a debate na sociedade de hoxe, como a homosexualidade ou a delincuencia. IBISAtv prepara xa o próximo Doa a Doa, cun novo prantexamento que suporá un arriquecemento do programa. Coincidindo coa emisión deste último capítulo, o domingo terá lugar en Vedra unha proxección especial do programa, cos veciños que participaron no programa contando as súas vivencias. Será no Centro da Terceira Idade, ás 19:00 hrs. Como broche de ouro á quinta tempada, TVG emitirá o domingo “O tesouro da lingua”, no que os nosos maiores abordan a consideración social da lingua.

Aprendendo a escoitar

en Artículos el 23-12-2009

por Yolanda del Campo

Froito dun compromiso moral dos galegos coa nosa historia, e con quenes, doa a doa, a construiron, no ano 2006 iniciamos, da man dos nosos ancestros, un particular percorrer no audiovisual galego. Cando nace o Doa a Doa o obxectivo principal e a idea inspiradora estaban moi claros para todos os que participamos da realización do programa: rescatar do esquecemento o valioso legado oral dos nosos maiores, ó que por desgracia se ve avocado.

Axiña comprendimos que co prantexamento estabamos a traballar dúas cuestións esenciais da comunicación: falar e escoitar. Para ser precisos: deixar falar, á cátedra da vida, cultivada con bágoas e ledicias ó longo de vidas enteiras. Por outro lado saber escoitar, neste caso xa non como virtude, senón como privilexio. Accións coas que, ao tempo, estabamos facendo a retrospectiva necesaria para proxectarnos no futuro; entender quenes somos e a onde imos. Leer el resto de la entrada »

A ética da memoria

en Documentación el 23-12-2009

por Elena Gálkina

O problema moral de recordar e o dereito á memoria

Cando en  filosofía, unha e outra vez, preguntámonos por o ser humano é porque a súa resposta non está dada, por iso vémonos obrigados a interrogarnos sobre a súa natureza, sobre o seu ser específico, a interpretar a vida humana como un proceso continuo no que a temporalidade dota de sentido á existencia. Así que a preocupación pola comprensión  desa temporalidade, que se manifesta nunha memoria individual e colectiva, constitúe o eixe desta experiencia educativa, levada a cabo co alumnado que cursa primeiro de bacharelato. Para que se interrogasen sobre o alcance e influencia do pasado na configuración das súas identidades persoais, servímonos da memoria biográfica como fonte de aprendizaxe e creación. Unha memoria non só persoal senón tamén colectiva, porque a memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade.

O vocábulo identidade ten para nós, desposuído de toda connotación moral, o significado de ser alguén, responder así mesmo á pregunta de quen son (se lla fai un a si mesmo) ou quen é (se a facemos respecto doutro). Somos, pois, porque temos memoria; é máis, somos a nosa memoria. Velaquí, a razón do noso aserto de “eu son eu e a miña memoria”…  A memoria dános, pois, conciencia de que existimos; pero en esta vida non estamos solos, senón que facemos a nosa vida en tanto que podemos compartila cos outros; por iso a nosa identidade e tan social como o é a  nosa memoria. Leer el resto de la entrada »