O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

Historias da mili: este sábado Doa a doa na TVG

Publicado por admin en Doa a doa el 12-02-2010

· Este sábado ás 21.15 hrs. en “A porta da mocidade” os nosos maiores abordan a disciplina, os permisos e distintas anécdotas da vida no cuartel.

mili

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos historias da mili. O cura castrense Jesús Casás cóntanos o que supuña para unha familia que un fillo ou un mozo marchasen face-lo servizo militar. “Os que xa tiñan traballo lles costaba máis, porque a algúns xa tiñan o traballo, e a outros non llo gardaban, entón tiñan os seus problemas”, explica.

O aprendizaxe que supuso para ós xóvenes, tamén é abordado polos nosos maiores. Marina Cillero explica: “ eu coñézoo moita xente de aldea, de pueblos, que en realidad, aprenderon a ler e escribir e aprenderon un pouco da vida e saíron da súa casa cando foron á mili”. José Maneiro sentencia: “Todo aquel hombre, da aldea polo menos, que non se defendía, cando viña da mili viña como unha persoa diferente, viña mais social, viña superexperto.”

Ser militar hoxe é unha profesión que poden escolle-los homes e as mulleres. Pero, ata hai ben poucos anos, tódolos mozos hábiles, “os quintos”, eran “chamados a filas” para servi-lo Rei ou a patria. A mili converteuse nun rito social de iniciación cheo de claroscuros. Era a porta por onde os homes, e só os homes, pasaban de nenos a adultos e descubrían o mundo.

Todos estaban obrigados e, de feito, os voluntarios só eran adiantados que trataban de pasa-lo trago canto antes. Hoxe, que o servizo das armas non é obrigado, ¿cales serán os novos ritos sociais de iniciación? ¿Cal é a porta para pasar, doa a doa, de nenos a adultos?

Deja un comentario