29
“Un home é un home”, este sábado Doa a doa na TVG
Publicado por admin en Doa a doa el 29-01-2010
Ás 21:15 hrs., os nosos avós lembran como era considerada a homosexualidade na súa época.
TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. En “Un home é un home” os nosos avós abordan cales eran os patróns imperantes por xéneros: cómo tiñan que ser os homes e as mulleres daquela. Carlos Vázquez explica “Un home tiña que ser valiente, tiña que ser macho, tiña que ser forte, tiña que ser dono da situación e tiña que mandar…”. Entón, “unha persoa feble, de condición máis ou menos canixa, non era unha persoa respetada; tiñas que ter fortes músculos, facer grandes proezas físicas para ter unha imaxe de recoñecemento”, conta Carlos Etcheverría.
Carlos Vázquez relata a consideración social dos homosexuais entón: “Para uns era un pecado nefando, para outros era un, un vicio terrible, vergonzoso. Para outros era un pecado, un delito y para a maioría da xente eran as tres cousas”.

Un home pode ser un home, pero cada ser humano é sempre fillo dun home e dunha muller e, seguramente por iso, resulta un ser tan complexo e delicado. O segredo está en garantir para cadaquén unha vida plena e satisfactoria. Isto fai preciso que saibamos construír, doa a doa, unha sociedade aberta e plural na que os sentimentos máis profundos e as pulsións máis íntimas de cada home e de cada muller poidan vivirse e expresase con toda honestidade, con ledicia, con liberdade e con dignidade. Trátase, en definitiva, de sermos recoñecidos como o que realmente somos: fillos dun home e dunha muller.


