Jan
22
O “Doa a doa” dos animais, este sábado na TVG
Publicado por admin en Doa a doa el 22-01-2010
· Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada
· Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época
· Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada
· Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época
TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. “Bágoas e gargalladas” aborda o tema dos animais, como fonte de alimentación, de axuda, de compaña; animais que sémpre tiveron un lugar especial nas casas galegas. 

Os nosos avós fálannos de porcos, ovellas, vacas, galiñas, cabras, cochos,… O veterinario, Veremundo Riesco, explica cales eran os atributos da vaca galega: “ademais de producir carne, cando a mataban e os vitelos que producian os terneiños; a mais de producir leite, muxíase tamen avaca, duas veces o dia; ademais producia traballo. E ademáis pasaba fame”, “non eran esas vacas de leite que hai agora”, lembra Dorinda Vázquez.
Mariano Lema explica a importancia do porco para soster a economía familiar: “tódalas casas tiñan que ter un porco, ó chegar as Navidades matar un porco para ter carne salgada para todo o ano.” As distintas utilidades das bestas para transportar persoas e mercancías e coma forza produtiva, tamén é referido neste doa a doa dos animais. Ademáis, historias e rarezas de distintas criaturas, porán o toque de humor a este capítulo.


