09
Veño pola receita, este sábado Doa a doa na TVG
Publicado por admin en Doa a doa el 09-04-2010
Neste capítulo, médicos e enfermedades no Doa a doa. Sábado ás 21.15 hrs.
Unha das melloras máis importantes e, desde logo, a máis gratificante do último medio século,
foix o avance da cobertura sanitaria galega no campo e na cidade. Quedan atrás os tempos en que a maioría da poboación se amañaba como podía con remedios da casa, herdados de pais a fillos, co ímprobo traballo dos moi escasos médicos rurais e, cando a cousa era grave, co acerto de ter aforrado, doa a doa, para unha doenza grave. Non era estraño que, ante calquera contrariedade na lotería da vida ou calquera falla da fortuna, atoparamos consolo naquilo de: “O importante é ter saúde”. ¿Que pasaba hai medio século cando alguén enfermaba? Este capítulo de Doa a doa aborda todo o referente a médicos e enfermidades. Mari Carmen Otero conta que ir ó médico non era moeda corrente: “primeiro inda estabas na casa a ver se un remedio, a ver se con outro remedio, a ver se se poñía ben… Pero cando xa non había máis remedio, había que ir ó medico”.


