O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

O Doa a doa da emigración: este sábado na TVG

Publicado por admin en Doa a doa el 19-02-2010

Este sábado ás 21.15 hrs. “Inmigrantes sen papeis”: os nosos maiores lembran o drama de emigrar.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos historias da emigración, dende o sufrimento da partida, a separación da familia, como as condicións atopadas no lugar de destino. Porque cando non se podía face-lo agosto, había que face-las Américas e alá se ía fuxindo da fame, porque algo tiñan que face-los que nacían cunha man diante e outra detrás. Das Américas, de Cuba,Doa a doa Montevideo, ou Bos Aires, moitos nunca volveron, as despedidas eran tráxicas coma un enterro. Alí quedaron para sempre, na Chacarita.

Pero, se volvías, mellor que viñeras rico, aínda que a maioría non conseguiu saír da modestia. Anos despois fomos a Europa, que construía o seu benestar, e aproveitamos as sobras, como agora fan os inmigrantes que veñen a Galicia. A Europa íase e víñase. Non se volvía rico, pero si farto e, sobre todo, digno.

Hai medio século non había en familia que non tivera algún familiar emigrado. José Maneiro explica como foi a súa marcha: “Eu tiña un tío en Río de Xaneiro, escribinlle, mandóume un contrato e o billete do barco pago, e no ano 53 collín as maletas e funme instalar ó Brasil”. A consideración dos galegos no extranxeiro, é relatada por Manuel Aldariz “a idea deles era que lle íbamos sacar o traballo, porque os empresarios preferian empleados de Galicia, ou sea galegos, antes que nativos”. Carmen e Luciano Liñares contan a adaptación ó novo entorno e o idioma. Por outra parte, lémbranse a agrupacións dos galegos no extranxeiro: “ibamos ós centros, ó centro galego; sempre nos xuntabamos máis ben os galegos”, lembra Aldariz.

Deja un comentario