O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

O programa ” Doa a doa” deixa o legado da memoria

en Doa a doa el 16-04-2010

Doa a doa

Veño pola receita, este sábado Doa a doa na TVG

en Doa a doa el 09-04-2010

Neste capítulo, médicos e enfermedades no Doa a doa. Sábado ás 21.15 hrs.

Unha das melloras máis importantes e, desde logo, a máis gratificante do último medio século,enfermos foix o avance da cobertura sanitaria galega no campo e na cidade. Quedan atrás os tempos en que a maioría da poboación se amañaba como podía con remedios da casa, herdados de pais a fillos, co ímprobo traballo dos moi escasos médicos rurais e, cando a cousa era grave, co acerto de ter aforrado, doa a doa, para unha doenza grave. Non era estraño que, ante calquera contrariedade na lotería da vida ou calquera falla da fortuna, atoparamos consolo naquilo de: “O importante é ter saúde”. ¿Que pasaba hai medio século cando alguén enfermaba? Este capítulo de Doa a doa aborda todo o referente a médicos e enfermidades. Mari Carmen Otero conta que ir ó médico non era moeda corrente: “primeiro inda estabas na casa a ver se un remedio, a ver se con outro remedio, a ver se se poñía ben… Pero cando xa non había máis remedio, había que ir ó medico”.

Ata o carro canta nun novo capítulo do Do a doa

en Doa a doa el 03-04-2010

A música protagoniza este Doa a doa. Este sábado ás 21.15 hrs. na TVG

Nin nos peores tempos o meu pobo deixou de cantar, que ben o di a cantiga, -ata o carro canta, canto máis cargadiño vai-. Son as troulas, os fiadeiros e as cantigas, os candís que aluman os tempos grises e fan que a memoria absolva o pasado, rescatando para a lembranza viva o que realmente pagou a pena. Por iso perdura e sobrevive a música, como remanso de saudade dun tempo no que, a pesar de todo, soubemos rir e cantar. Poderemos seguir sementando, doa a doa, “en tanto no pobo medre un vello, un meniño e un cantar”.