O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

“A novas corren” no Doa a doa, este sábado na TVG

en Doa a doa el 26-03-2010

· Un novo episodio sobre os medios de comunicación da época: “As novas corren”. Este sábado ás 21.15 hrs. en Doa a doa.

Sempre se soubo que as novas corren e, se son malas, corren coma o vento. O que pasa é que antes viñan unha tras doutra e daba tempo a mastigalas e dixerilas; pero, agora, chegan todas en tropel e pode quedar un sen saber realmente o que pasou, atordado polo barullo.comunicación

Antes non daba vido aquela nova esperada pero, cando chegaba, duraba tanto que podía embelecerse cos soños e, se era mala, amolecerse coas bágoas. Agora as novas, aínda ben non chegan, morren a moreas e son enterradas decontado no doa a doa do esquecemento.

Este Doa a doa adícase ós medios de comunicación da época: prensa, revistas, radio, televisión. Había, coma hoxe, diversos xornais, se ben ó acceso ós mesmos non era tan común. Xesús Santos conta “meu pai pagaba a medias El Ideal Gallego. E primeiro líao a señorita, e despois a meu pai chegáballe á tarde, como se fora un diario vespertino, ou leiao ás veces ó día seguinte”.