26
Os praceres da vida: este sábado Doa a doa na TVG
en Doa a doa el 26-02-2010
· Este sábado ás 21.15 hrs. en “Ímola virando…” os nosos maiores lembran os vicios da época: beber, fumar e os xogos de azar.
TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv.Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos as súas prácticas ociosas. Cando a vida pesa, os días non dan pasado e non queda moito sitio para a ledicia, hai que ila virando. E ímola virando, doa a doa, con praceres cativos que os eternos vixías da represión alcuman de vicios.
Beber xuntos e cantar, bailar ou tenta-la sorte e o azar, folgar ou soñar, rir ou busca-lo agarimo tenro da caricia íntima son, no entanto, raíñas de luz que fixeron soportable o gris escuro dunha vida dura e que teceron a memoria para que poidamos escolmar, do noso pasado, aquilo que nos fixo felices por momentos e nos xustifica diante de nós mesmos. E, así, ímola virando…
Neste capítulo, avós e avóas abordan os vicios: beber, fumar, os xogos de azar, mesmo o sexo. Pódese dicir que beber en Galicia era unha tradición, relatada por Manuel Santos como un costume: “saír de traballar e ir a tomar un viño. Aínda que na casa houbera necesidade, íase beber o viño era case como unha obligación”. Xerardo Liñares matiza: “Non eran como dicir borrachos, de caer emborracharse e marchar caendo no, no, no pero bebedores eran.”


Montevideo, ou Bos Aires, moitos nunca volveron, as despedidas eran tráxicas coma un enterro. Alí quedaron para sempre, na Chacarita.
natureza impón: son o resultado máis perverso das relacións que os homes e mulleres decidimos establecer para organiza-la nosa vida colectiva. Desas desigualdades só poden nace-lo sufrimento e a violencia entre xentes que, no fondo do seu corazón, só pretenden amar e ser amadas, para poderen falar ben desta gran feira que é a vida.