O programa Doa a Doa, realizado por IBISAtv para TVG, remata a emisión da súa quint tempada en antena con “O tesouro da lingua”. Con máis dedouscentos entrevistados, oitenta programas producidos, e unha audiencia do 16%, o programa consolida a súa presencia na grella da TVG, converténdose xa nun clásico das noites dos domingos.
Doa a Doa voltará en xaneiro, co estreo da súa sexta tempada en antena. Novas historias dos avós e avoas de Galicia, e outros temas, algúns dos cales están a debate na sociedade de hoxe, como a homosexualidade ou a delincuencia. IBISAtv prepara xa o próximo Doa a Doa, cun novo prantexamento que suporá un arriquecemento do programa. Coincidindo coa emisión deste último capítulo, o domingo terá lugar en Vedra unha proxección especial do programa, cos veciños que participaron no programa contando as súas vivencias. Será no Centro da Terceira Idade, ás 19:00 hrs. Como broche de ouro á quinta tempada, TVG emitirá o domingo “O tesouro da lingua”, no que os nosos maiores abordan a consideración social da lingua.
por Yolanda del Campo
Froito dun compromiso moral dos galegos coa nosa historia, e con quenes, doa a doa, a construiron, no ano 2006 iniciamos, da man dos nosos ancestros, un particular percorrer no audiovisual galego. Cando nace o Doa a Doa o obxectivo principal e a idea inspiradora estaban moi claros para todos os que participamos da realización do programa: rescatar do esquecemento o valioso legado oral dos nosos maiores, ó que por desgracia se ve avocado.
Axiña comprendimos que co prantexamento estabamos a traballar dúas cuestións esenciais da comunicación: falar e escoitar. Para ser precisos: deixar falar, á cátedra da vida, cultivada con bágoas e ledicias ó longo de vidas enteiras. Por outro lado saber escoitar, neste caso xa non como virtude, senón como privilexio. Accións coas que, ao tempo, estabamos facendo a retrospectiva necesaria para proxectarnos no futuro; entender quenes somos e a onde imos. Leer el resto de la entrada »
por Elena Gálkina
O problema moral de recordar e o dereito á memoria
Cando en filosofía, unha e outra vez, preguntámonos por o ser humano é porque a súa resposta non está dada, por iso vémonos obrigados a interrogarnos sobre a súa natureza, sobre o seu ser específico, a interpretar a vida humana como un proceso continuo no que a temporalidade dota de sentido á existencia. Así que a preocupación pola comprensión desa temporalidade, que se manifesta nunha memoria individual e colectiva, constitúe o eixe desta experiencia educativa, levada a cabo co alumnado que cursa primeiro de bacharelato. Para que se interrogasen sobre o alcance e influencia do pasado na configuración das súas identidades persoais, servímonos da memoria biográfica como fonte de aprendizaxe e creación. Unha memoria non só persoal senón tamén colectiva, porque a memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade.
O vocábulo identidade ten para nós, desposuído de toda connotación moral, o significado de ser alguén, responder así mesmo á pregunta de quen son (se lla fai un a si mesmo) ou quen é (se a facemos respecto doutro). Somos, pois, porque temos memoria; é máis, somos a nosa memoria. Velaquí, a razón do noso aserto de “eu son eu e a miña memoria”… A memoria dános, pois, conciencia de que existimos; pero en esta vida non estamos solos, senón que facemos a nosa vida en tanto que podemos compartila cos outros; por iso a nosa identidade e tan social como o é a nosa memoria. Leer el resto de la entrada »