23
A ética da memoria
en Documentación el 23-12-2009
por Elena Gálkina
O problema moral de recordar e o dereito á memoria
Cando en filosofía, unha e outra vez, preguntámonos por o ser humano é porque a súa resposta non está dada, por iso vémonos obrigados a interrogarnos sobre a súa natureza, sobre o seu ser específico, a interpretar a vida humana como un proceso continuo no que a temporalidade dota de sentido á existencia. Así que a preocupación pola comprensión desa temporalidade, que se manifesta nunha memoria individual e colectiva, constitúe o eixe desta experiencia educativa, levada a cabo co alumnado que cursa primeiro de bacharelato. Para que se interrogasen sobre o alcance e influencia do pasado na configuración das súas identidades persoais, servímonos da memoria biográfica como fonte de aprendizaxe e creación. Unha memoria non só persoal senón tamén colectiva, porque a memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade.
O vocábulo identidade ten para nós, desposuído de toda connotación moral, o significado de ser alguén, responder así mesmo á pregunta de quen son (se lla fai un a si mesmo) ou quen é (se a facemos respecto doutro). Somos, pois, porque temos memoria; é máis, somos a nosa memoria. Velaquí, a razón do noso aserto de “eu son eu e a miña memoria”… A memoria dános, pois, conciencia de que existimos; pero en esta vida non estamos solos, senón que facemos a nosa vida en tanto que podemos compartila cos outros; por iso a nosa identidade e tan social como o é a nosa memoria. Leer el resto de la entrada »


