O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

El Blog de la memoria Rss

O programa ” Doa a doa” deixa o legado da memoria

en Doa a doa el 16-04-2010

Doa a doa

Veño pola receita, este sábado Doa a doa na TVG

en Doa a doa el 09-04-2010

Neste capítulo, médicos e enfermedades no Doa a doa. Sábado ás 21.15 hrs.

Unha das melloras máis importantes e, desde logo, a máis gratificante do último medio século,enfermos foix o avance da cobertura sanitaria galega no campo e na cidade. Quedan atrás os tempos en que a maioría da poboación se amañaba como podía con remedios da casa, herdados de pais a fillos, co ímprobo traballo dos moi escasos médicos rurais e, cando a cousa era grave, co acerto de ter aforrado, doa a doa, para unha doenza grave. Non era estraño que, ante calquera contrariedade na lotería da vida ou calquera falla da fortuna, atoparamos consolo naquilo de: “O importante é ter saúde”. ¿Que pasaba hai medio século cando alguén enfermaba? Este capítulo de Doa a doa aborda todo o referente a médicos e enfermidades. Mari Carmen Otero conta que ir ó médico non era moeda corrente: “primeiro inda estabas na casa a ver se un remedio, a ver se con outro remedio, a ver se se poñía ben… Pero cando xa non había máis remedio, había que ir ó medico”.

Ata o carro canta nun novo capítulo do Do a doa

en Doa a doa el 03-04-2010

A música protagoniza este Doa a doa. Este sábado ás 21.15 hrs. na TVG

Nin nos peores tempos o meu pobo deixou de cantar, que ben o di a cantiga, -ata o carro canta, canto máis cargadiño vai-. Son as troulas, os fiadeiros e as cantigas, os candís que aluman os tempos grises e fan que a memoria absolva o pasado, rescatando para a lembranza viva o que realmente pagou a pena. Por iso perdura e sobrevive a música, como remanso de saudade dun tempo no que, a pesar de todo, soubemos rir e cantar. Poderemos seguir sementando, doa a doa, “en tanto no pobo medre un vello, un meniño e un cantar”.

“A novas corren” no Doa a doa, este sábado na TVG

en Doa a doa el 26-03-2010

· Un novo episodio sobre os medios de comunicación da época: “As novas corren”. Este sábado ás 21.15 hrs. en Doa a doa.

Sempre se soubo que as novas corren e, se son malas, corren coma o vento. O que pasa é que antes viñan unha tras doutra e daba tempo a mastigalas e dixerilas; pero, agora, chegan todas en tropel e pode quedar un sen saber realmente o que pasou, atordado polo barullo.comunicación

Antes non daba vido aquela nova esperada pero, cando chegaba, duraba tanto que podía embelecerse cos soños e, se era mala, amolecerse coas bágoas. Agora as novas, aínda ben non chegan, morren a moreas e son enterradas decontado no doa a doa do esquecemento.

Este Doa a doa adícase ós medios de comunicación da época: prensa, revistas, radio, televisión. Había, coma hoxe, diversos xornais, se ben ó acceso ós mesmos non era tan común. Xesús Santos conta “meu pai pagaba a medias El Ideal Gallego. E primeiro líao a señorita, e despois a meu pai chegáballe á tarde, como se fora un diario vespertino, ou leiao ás veces ó día seguinte”.

Os praceres da vida: este sábado Doa a doa na TVG

en Doa a doa el 26-02-2010


· Este sábado ás 21.15 hrs. en “Ímola virando…” os nosos maiores lembran os vicios da época: beber, fumar e os xogos de azar.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv.Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos as súas prácticas ociosas. Cando a vida pesa, os días non dan pasado e non queda moito sitio para a ledicia, hai que ila virando. E ímola virando, doa a doa, con praceres cativos que os eternos vixías da represión alcuman de vicios.vicios

Beber xuntos e cantar, bailar ou tenta-la sorte e o azar, folgar ou soñar, rir ou busca-lo agarimo tenro da caricia íntima son, no entanto, raíñas de luz que fixeron soportable o gris escuro dunha vida dura e que teceron a memoria para que poidamos escolmar, do noso pasado, aquilo que nos fixo felices por momentos e nos xustifica diante de nós mesmos. E, así, ímola virando…

Neste capítulo, avós e avóas abordan os vicios: beber, fumar, os xogos de azar, mesmo o sexo. Pódese dicir que beber en Galicia era unha tradición, relatada por Manuel Santos como un costume: “saír de traballar e ir a tomar un viño. Aínda que na casa houbera necesidade, íase beber o viño era case como unha obligación”. Xerardo Liñares matiza: “Non eran como dicir borrachos, de caer emborracharse e marchar caendo no, no, no pero bebedores eran.”

Leer el resto de la entrada »

O Doa a doa da emigración: este sábado na TVG

en Doa a doa el 19-02-2010

Este sábado ás 21.15 hrs. “Inmigrantes sen papeis”: os nosos maiores lembran o drama de emigrar.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos historias da emigración, dende o sufrimento da partida, a separación da familia, como as condicións atopadas no lugar de destino. Porque cando non se podía face-lo agosto, había que face-las Américas e alá se ía fuxindo da fame, porque algo tiñan que face-los que nacían cunha man diante e outra detrás. Das Américas, de Cuba,Doa a doa Montevideo, ou Bos Aires, moitos nunca volveron, as despedidas eran tráxicas coma un enterro. Alí quedaron para sempre, na Chacarita.

Pero, se volvías, mellor que viñeras rico, aínda que a maioría non conseguiu saír da modestia. Anos despois fomos a Europa, que construía o seu benestar, e aproveitamos as sobras, como agora fan os inmigrantes que veñen a Galicia. A Europa íase e víñase. Non se volvía rico, pero si farto e, sobre todo, digno.

Hai medio século non había en familia que non tivera algún familiar emigrado. José Maneiro explica como foi a súa marcha: “Eu tiña un tío en Río de Xaneiro, escribinlle, mandóume un contrato e o billete do barco pago, e no ano 53 collín as maletas e funme instalar ó Brasil”. A consideración dos galegos no extranxeiro, é relatada por Manuel Aldariz “a idea deles era que lle íbamos sacar o traballo, porque os empresarios preferian empleados de Galicia, ou sea galegos, antes que nativos”. Carmen e Luciano Liñares contan a adaptación ó novo entorno e o idioma. Por outra parte, lémbranse a agrupacións dos galegos no extranxeiro: “ibamos ós centros, ó centro galego; sempre nos xuntabamos máis ben os galegos”, lembra Aldariz.

Historias da mili: este sábado Doa a doa na TVG

en Doa a doa el 12-02-2010

· Este sábado ás 21.15 hrs. en “A porta da mocidade” os nosos maiores abordan a disciplina, os permisos e distintas anécdotas da vida no cuartel.

mili

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Neste capítulo, os vellos de Galicia achégannos historias da mili. O cura castrense Jesús Casás cóntanos o que supuña para unha familia que un fillo ou un mozo marchasen face-lo servizo militar. “Os que xa tiñan traballo lles costaba máis, porque a algúns xa tiñan o traballo, e a outros non llo gardaban, entón tiñan os seus problemas”, explica.

O aprendizaxe que supuso para ós xóvenes, tamén é abordado polos nosos maiores. Marina Cillero explica: “ eu coñézoo moita xente de aldea, de pueblos, que en realidad, aprenderon a ler e escribir e aprenderon un pouco da vida e saíron da súa casa cando foron á mili”. José Maneiro sentencia: “Todo aquel hombre, da aldea polo menos, que non se defendía, cando viña da mili viña como unha persoa diferente, viña mais social, viña superexperto.”

Ser militar hoxe é unha profesión que poden escolle-los homes e as mulleres. Pero, ata hai ben poucos anos, tódolos mozos hábiles, “os quintos”, eran “chamados a filas” para servi-lo Rei ou a patria. A mili converteuse nun rito social de iniciación cheo de claroscuros. Era a porta por onde os homes, e só os homes, pasaban de nenos a adultos e descubrían o mundo.

Todos estaban obrigados e, de feito, os voluntarios só eran adiantados que trataban de pasa-lo trago canto antes. Hoxe, que o servizo das armas non é obrigado, ¿cales serán os novos ritos sociais de iniciación? ¿Cal é a porta para pasar, doa a doa, de nenos a adultos?

O Doa a doa da desigualdade, este sábado na TVG

en Doa a doa el 05-02-2010

Este sábado ás 21.15 hrs. “Falar da feira”. Os nosos devanceiros abordan as diferencias de clase, a riqueza e a pobreza.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Sabido é que cadaquén fala da feira segundo lle foi nela. E na feira das nosas vidas, no doa a doa de cadaquén, houbo moitas diferenzas. Diferenzas e desigualdades que nin Deus mandou nin a

pobrezanatureza impón: son o resultado máis perverso das relacións que os homes e mulleres decidimos establecer para organiza-la nosa vida colectiva. Desas desigualdades só poden nace-lo sufrimento e a violencia entre xentes que, no fondo do seu corazón, só pretenden amar e ser amadas, para poderen falar ben desta gran feira que é a vida.
Neste doa a doa da desigualdade, os nosos maiores tratan a riqueza e a pobreza de hai medio século. Santiago Losada explica que “a pobreza daquela era máis desprendida, a xente pasaba necesidade, pero non reparaba tanto en eso de se o pantalón é vello ou si o pantalón está sucio. Xa non se paraba a pensar eso, que era o poder subsistir cada día, o levar algo que comer á boca”. Daquela os cartos custaba acadalos, e segundo Ramona Piñeiro “o rico vivía dos animais dos terreos, íanlle traballar os pobres gratis na máis que pola comida”.

“Un home é un home”, este sábado Doa a doa na TVG

en Doa a doa el 29-01-2010

Ás 21:15 hrs., os nosos avós lembran como era considerada a homosexualidade na súa época.

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. En “Un home é un home” os nosos avós abordan cales eran os patróns imperantes por xéneros: cómo tiñan que ser os homes e as mulleres daquela. Carlos Vázquez explica “Un home tiña que ser valiente, tiña que ser macho, tiña que ser forte, tiña que ser dono da situación e tiña que mandar…”. Entón, “unha persoa feble, de condición máis ou menos canixa, non era unha persoa respetada; tiñas que ter fortes músculos, facer grandes proezas físicas para ter unha imaxe de recoñecemento”, conta Carlos Etcheverría.

Carlos Vázquez relata a consideración social dos homosexuais entón: “Para uns era un pecado nefando, para outros era un, un vicio terrible, vergonzoso. Para outros era un pecado, un delito y para a maioría da xente eran as tres cousas”.

pandilla de amigos

Un home pode ser un home, pero cada ser humano é sempre fillo dun home e dunha muller e, seguramente por iso, resulta un ser tan complexo e delicado. O segredo está en garantir para cadaquén unha vida plena e satisfactoria. Isto fai preciso que saibamos construír, doa a doa, unha sociedade aberta e plural na que os sentimentos máis profundos e as pulsións máis íntimas de cada home e de cada muller poidan vivirse e expresase con toda honestidade, con ledicia, con liberdade e con dignidade. Trátase, en definitiva, de sermos recoñecidos como o que realmente somos: fillos dun home e dunha muller.

Un home pode ser un home, pero cada ser humano é sempre fillo dun home e dunha muller e, seguramente por iso, resulta un ser tan complexo e delicado. O segredo está en garantir para cadaquén unha vida plena e satisfactoria. Isto fai preciso que saibamos construír, doa a doa, unha sociedade aberta e plural na que os sentimentos máis profundos e as pulsións máis íntimas de cada home e de cada muller poidan vivirse e expresase con toda honestidade, con ledicia, con liberdade e con dignidade. Trátase, en definitiva, de sermos recoñecidos como o que realmente somos: fillos dun home e dunha muller.

O “Doa a doa” dos animais, este sábado na TVG

en Doa a doa el 22-01-2010

·        Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada
·        Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época

·        Ás 21:15 hrs., “Bágoas e gargalladas”, segundo capítulo da nova tempada

·        Os avós lembran a importancia dos animais nos fogares da época

TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. “Bágoas e gargalladas” aborda o tema dos animais, como fonte de alimentación, de axuda, de compaña; animais que sémpre tiveron un lugar especial nas casas galegas. campo
Os nosos avós fálannos de porcos, ovellas, vacas, galiñas, cabras, cochos,… O veterinario, Veremundo Riesco, explica cales eran os atributos da vaca galega: “ademais de producir carne, cando a mataban e os vitelos que producian os terneiños; a mais de producir leite, muxíase tamen avaca, duas veces o dia; ademais producia traballo. E ademáis pasaba fame”, “non eran esas vacas de leite que hai agora”, lembra Dorinda Vázquez.
Mariano Lema explica a importancia do porco para soster a economía familiar: “tódalas casas tiñan que ter un porco, ó chegar as Navidades matar un porco para ter carne salgada para todo o ano.” As distintas utilidades das bestas para transportar persoas e mercancías e coma forza produtiva, tamén é referido neste doa a doa dos animais. Ademáis, historias e rarezas de distintas criaturas, porán o toque de humor a este capítulo.